www.arteviva.es 2010 ©
Arte Viva baséase na conservación e desesnarolo de antigos oficios artísticos e artesáns, onde en vivo e en directo nosas mans dan forma á materia prima trocándoa en obras de arte. Madeira, metal, vidro, tela, pedra ou papel conformanse de xeito artesán a través das diferentes disciplinas que abarcamos ante os ollos do espectador.
Levamos ó teu concello un evento no que diversos artistas e artesáns mostran a pe de rúa o bo facer dos seus oficios, convertindo a festa nun GRAN espectáculo de creación artística onde o público asistente poderá deleita-lo seu ollar observando oficios, a maioría por desgracia, en perigo de extinción, e incluso poderá participar en obradoiros programados a tal fin.
Non perda ocasión de ver e disfrutar desta gran festa, unha ollada ó pasado para comprender mellor o presente.
Apta para nenos e maiores de 0 a 110 años. ¡Viva os oficios como nunca o fixo antes!

